Concurso infantil de postais | Nadal no Gaiás 2021-22

Este Nadal volve o tradicional concurso de postais para a cativada máis creativa: animádevos a imaxinar e deseñar en familia a vosa paisaxe de Nadal! Deixámosvos aquí un pequeno bosquexo para que os pequenos e pequenas recreen a súa cidade do Nadal, enmarcada nas máxicas bólas de neve tan propias destas datas. A partir de aí, lápices, ceras, pinturas, lá, papel, cartón, tesoiras, purpurina... tirade de fantasía e despregade todo o voso arsenal creativo!

O concurso está dirixido a nenos e nenas de entre 0 e 9 anos e os autores e autoras das postais máis orixinais recibirán un convite familiar ao espectáculo de Circo de Nadal de La Fiesta Escénica, que no marco das actividades do Nadal na Cidade da Cultura terá lugar o 3 de xaneiro de 2022 no Museo Centro Gaiás, onde ademais recollerán un fantástico agasallo sorpresa.

Como participar

Descarga AQUÍ o bosquexo para imprimir 

Deseña a túa paisaxe de Nadal [e non esquezas cumprimentar os datos persoais para que poidamos contactar contigo en caso de que a túa postal sexa premiada!]

Envíanos a túa postal

  • Por correo postal ao enderezo: Fundación Cidade da Cultura de Galicia (Concurso de postais de Nadal), Edificio CINC (3º andar), Monte Gaiás s/n, 15707 – Santiago de Compostela 
  • Adxuntándoa nun correo electrónico a online@cidadedacultura.org, no caso de que sexa unha creación dixital [ou escaneada/fotografada co móbil, pero ten tino de que o adxunto sexa de boa calidade!]
  • Depositándoa na caixa do correo do mostrador do Museo Centro Gaiás

Postais gañadoras

Estas son as propostas gañadoras do concurso de postais de Nadal 2021-2022: