Con outras palabras: achégate á tradución!

Sabes a cantidade de libros que lemos pero que se escribiron orixinalmente noutras linguas?

A tradución é toda unha arte! Un proceso que debemos aprender a valorar, xa que nos permite coñecer historias ás que, doutro xeito, nunca chegariamos.

Esta actividade achega o proceso de tradución á cativada de xeito dinámico e divertido para poñer en valor a diversidade lingüística e o luxo de poder acceder a libros escritos noutros lugares. Durante a actividade, tamén se explorará a combinación de imaxe e palabra a través dos libros ou álbums ilustrados.

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas