Cidade Imaxinaria Primavera 2018

Estabades a contar os días que faltaban para mergullarvos de novo na maxia e na diversión de Cidade Imaxinaria? Benqueridas seareiras/os, a espera rematou! O sábado 21 de abril ides gozar no Gaiás de Cidade Imaxinaria Primavera!

Nesta estación na que agroman as flores, na Cidade Imaxinaria Primavera emerxerán malabaristas, trapecistas, equilibristas, saltimbanquis, clowns e moita música, danza, xogos, teatro e fabulosas historias en cada curruncho da Cidade da Cultura. Catro horas ininterrompidas de diversión para que compartades unha tarde de sábado en familia, nunha xornada homenaxe ao mundo do circo, que festexa xustamente nesta data o seu Día Internacional.

Espectáculos de circo, clown e maxia que veranse completadas por divertidas actuacións musicais á carta e en bicleta, enxeñosas e virtuosas coreografías de danza en zancos e ata unha autocaravana. Nela viaxaredes, a través de cancións, contacontos, monicreques e moitas risas, por historias nas que non atoparedes princesas que queiran ser rescatadas nin bicadas, nin cabaleiros inimizados con dragóns ou co rosa, porque na Cidade Imaxinaria Primavera os únicos non convidados son os estereotipos sexistas.
 
E se chove, que chova! Porque entre as imaxinativas e orixinais actividades de Cidade Imaxinaria Primavera atoparedes acubillo nunhas burbullas onde desexaredes unha boa treboada, porque son de  confeti! Agardámosvos a partir das 16 horas, con postos de petiscos e larpeiradas varias, para repor forzas e acumular outras poucas para a cita do verán, que repetimos e repetides o 25 de agosto!
 
 

Espectáculos de pista


Espazos lúdicos para imaxinar 


Espectáculos itinerantes para encher de maxia a Cidade Imaxinaria Primavera