Cidade de Cartón

Imaxinas como sería a túa cidade ideal? Pois agora non só podes imaxinalo, senón tamén levalo a cabo. Como? Participando en “Cidade de Cartón”, unha actividade organizada polo Gaiás na que ademais de aprender os múltiples usos que ten este material, rapaces de entre 6 e 14 anos deseñarán, recortarán e montarán os seus propios edificios “reinterpretando” así a Cidade da Cultura.

Os edificios deseñados e montados polos participantes no obradoiro colocaranse nunha pequena escenografía pensada entre os participantes, e todo este traballo feito plasmarase finalmente nun gran mural que quedará na Cidade da Cultura para a súa exposición ao público.