Camiño ao Gaiás 2016

Arte, Historia, Natureza e un estilo de vida saúdable. Estas son as catro claves do Camiño ao Gaiás 2016, co que a Cidade da Cultura e a Fundación USC Deportiva convidan a todos os composteláns e a todos os visitantes a descubrir unha nova cidade.

Nesta nova ruta a pé ata o complexo deseñado por Peter Eisenman, os participantes poderán descubrir o rico patrimonio monumental e natural de Compostela nun roteiro apto para todos os públicos que este ano arrancará desde o corazón da zona vella de Santiago: a oficina de Turismo de Santiago, en plena rúa do Vilar. Tras pasar pola Rúa Nova, Facultade de Xeografía e Historia, San Fiz de Solovio e o Mercado de Abastos, a ruta seguirá por San Pedro para adentranos no Parque de Belvís e desembocar en Sar. Como novidade, o Camiño ao Gaiás deste ano descubriralle aos participantes a nova zona verde de Compostela: o Bosque de Galicia, o acceso natural ao Gaiás. Tras contemplar a cara máis descoñecida de Compostela, os participantes serán recibidos por un dos guías do Museo Centro Gaiás, e completarán o seu percorrido cunha visita guiada de balde á exposición Con-fío en Galicia.

 

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas