Camiño ao Gaiás

Descobre unha nova forma de achegarse ao Gaiás e de descubrir a propia cidade de Compostela. Organizada en colaboración coa Fundación USC Deportiva, Camiño ao Gaiás ofrécelle aos visitantes novas rutas para chegar a pé ao complexo deseñado por Peter Eisenman, poñendo en valor a fermosa contorna natural e patrimonial que leva ata a Cidade da Cultura, permitindo descubrir algunhas das xoias arquitectónicas de Compostela como a praza de Cervantes, a Igrexa das ánimas, o convento de Bonaval e de Belvís, o Centro de Interpretación ambiental de Compostela ou a Colexiata do Sar.

Acompañados por monitores da Fundación USC Deportiva, os participantes concentraranse no centro histórico de Santiago e subirán a pé ata a Cidade da Cultura. Unha vez alí, serán recibidos por un dos guías da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, e completarán o seu percorrido cunha visita guiada á exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido e ao propio complexo deseñado por Peter Eisenman.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h