BrincaGaiás trata de achegarlles aos máis pequenos da casa a paixón pola música o teatro ou a danza a través do xogo e a diversión. Será a través de catro sesións iniciais nos que nenos e adultos coñecerán os segredos da cociña en clave de humor, serán os protagonistas dos mellores musicais, descubrirán un mundo onírico de soños e sombras e achegaranse ao universo que xorde ao meterse nunha bañeira.
A través destes catro espectáculos, os nenos volverán ser os protagonistas a través dun ciclo co que a Cidade da Cultura tratará de inculcar o gusto polas artes escénicas desde idades temperás.
Humor, ritmo, sorpresas e, por riba de todo, divertimento nuns coidados espectáculos no que grandes e pequenos compartirán protagonismo.






