Bon Appetit

Antua de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres chefs que nos van amosar os segredos da nosa gastronomía seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro: A Cociña Galega.

Explosións, tortazos, persecucións, sustos e malos entendidos son os ingredientes de Bon Appetit, unha comedia na que escachar coa risa e coa cociña tradicional galega como protagonista.

E para ir abrindo boca, uns 45 minutos antes de que comece o espectáculo  goza de balde coas lambetadas 2.0 que ofrecerán os cociñeiros do Abastos 2.0 nunha divertida e grande homenaxe á gastronomía creativa galega. O sábado 15 de febreiro, o Gaiás reúne os mellores ingredientes. Bon Appetit!

Ficha Artística: 

Idea Orixinal: Montse Piñón 

Texto e dirección: Pepablo Patiho 

Vestiario: Montse Piñón 

Caracterización: Eva Tenreiro 

Efectos Sonoros e musicais: Jorge Casas 

Escenografía e atrezzos: Ghazafelhos 

Deseño de Luz: Ana Diaz 

Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho

 
 
En familia
 
 
 
00:00