Este marzo, o mellor baile de Entroido está no Gaiás. Só por vir disfrazado, poderás pasar unha divertida tarde cos musicais A nena e o grilo e Petit Pop.
Para arrancar a tarde embarcarémonos xunto á nena e ao grilo nunha emocionante aventura coa que descubrir o mundo e os seus segredos. A solidariedade, o respecto cara a natureza, a identidade, o desenvolvemento do universo afectivo e a curiosidade por todo o que nos rodea guiarán unha viaxe teatral con banda sonora en directo.
Tras esta viaxe iniciática chegará a hora do pop máis molón. Formigas, queixo branco, unha visita ao zoo ou aventuras de piratas serán os protagonistas de Petit Pop, un concerto máis que divertido no que o público interactuará coa banda formada por membros de Pauline en La Playa, Nosoträsh, Undershakers e Edwin Moses.

