Biografía visual da Cidade da Cultura | #aculturasegue

Co seu arquivo podería elaborarse a biografía visual da Cidade da Cultura. Fai dezaoito anos que Manuel G Vicente tomou a primeira fotografía do Gaiás: a construción das Torres Hejduk (imaxe de apertura desta galería).

Desde o ano 2004 non deixou de retratar o complexo. E queremos compartir con vós dúas seleccións de imaxes realizadas por el mesmo:

➖ Esta escolma centrada no proceso construtivo:


➖ Estoutra sobre a arquitectura do interior e do exterior dos edificios: onde a arquitectura e luz son dous conceptos unidos ao traballo de Manuel G Vicente , quen leva case dúas décadas atrapando imaxes novas da Cidade da Cultura. Poucos coma el teñen investido tanto tempo ollando as liñas dos edificios, a texturas dos materias, os reflexos sobre as fachadas...