Atardecer no Gaiás 2015

Música, solpor e unha atmosfera única. O noso imprescindible do verán xa está aquí. Porque do 2 de xullo ao 29 de agosto volve Atardecer no Gaiás, o ciclo co que a Cidade da Cultura lle pon banda sonora ás tardiñas do verán.  

A praza central volve ser o escenario dun total de 24 actuacións en pequeno formato con grandes nomes como León Benavente, La Habitación Roja, Flamingods ou Is Tropical.

A festa comeza o 2 de xullo co rock psicodélico da banda local Puma Pumku e rematará o 29 de agosto co mellor soul do momento da man dos barceloneses The Excitements. Entre mentres, os máis diferentes sons: do punk dos galegos Paracetamol, ao pop de Ele, o garage de Los Bengala, as arpas de Lulavai, a electrónica de Zá!, as letras de Palito e, como non, a cita imprescindible coa clásica da man da Orquestra de Cámara Galega. 

Todos os xoves, venres e sábados, a partir das 21:00 horas, tes unha cita do máis refrescante. Porque xa sabes, este verán desexarás que se poña o sol!