Asaltos! á letra: divulgación

Desde Internet, a televisión, a edición, a radio, a libraría ou o xornal, o sector do libro loita por facerse visible, audible ou simplemente comprensible.

Tres destas figuras da divulgación cultural e literaria medirán as súas forzas verbais neste ring que pretende achegar unha visión desde dentro e fóra dos retos que a lectura ofrece no aquí e no agora, no alí e no despois.

Modera: Francisco Castro, editor, escritor e director de Galaxia. 
Púxiles: 
-- Ramón Nicolás, crítico literario e creador do blog Caderno da Crítica
-- Óscar López , xornalista cultural especializado en literatura, ideólogo do programa de TVE Página 2.
-- Alejandra de Diego Latadinamizadora cultural e unha das propietarias da libraría Berbiriana, na Coruña. 

 A palabra defínenos, pero tamén a música. Coñece a banda sonora que acompaña @s púxiles deste ring 

 

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada