Concibida como unha iniciativa trasformadora, o proxecto Artes pola Integración é un exercicio de responsabilidade co fin de facilitarlle a diversos grupos subalternos da sociedade unha serie de facetas, plataformas, iniciativas e ferramentas coas que comunicar(se) e á vez pór en mans da sociedade unha serie de representacións visuais, literarias e escénicas coas que poder entender a realidade deses grupos socialmente excluídos por diversas razóns legais, sociais e/ou médicas.
Conferencias, artes escénicas e visuais, cine e programas de formación terán lugar entre o 25 e o 27 de xuño en diferentes escenarios de Santiago de Compostela, entre eles, a Cidade da Cultura.
Consulta o programa completo na área de descargas.
| 1.34 MB |
Feb - Set 2026
De martes a domingo









