Arte é moda no Día dos Museos

Coincidindo coa celebración do Día dos Museos, a Cidade da Cultura organiza un obradoiro especial de Arte é Moda dirixido por Neves Seara e Andrea Barreira, responsables de Aire centro de Arte, no que crearemos un tecido colectivo cargado de desexos.

Ao longo do día, os participantes nas diferentes actividades que teñan lugar o 21 de maio con motivo da celebración do Día dos Museos poderán deixar voar libremente a súa creatividade e ir tecendo as súas propias creacións en varias estruturas nas que deixar a súa impronta.