Ángel Orgaz. El Correo Gallego. Xefe da sección de Cultura

A presenza da obra A derradeira leición do mestre na exposición Castelao Maxistral servirá nesta actividade para transmitir ao alumnado a importancia da educación para a construción de sociedades libres, tema que foi unha das principais loitas do intelectual galego ao que se dedica esta exposición.

Chegado da Arxentina, este cadro lendario, procura neste relato ser unha imaxe contra intolerancia, sendo a educación a mellor ferramenta para ensinar en valores, liberdade e xustiza.

Con este fío condutor, desde a Cidade da Cultura de Galicia queremos pór en relación á mocidade  con xornalistas que analizan a actualidade co obxecto de establecer un diálogo coas xeracións de mozas e mozos vencellando os logros educativos exaltados na exposición e o vínculo co sistema educativo actual como ferramenta.

Dirixido a alumnado de último ciclo da ESO e BACH, promoverase un foro de debate no que dúas aulas diferentes poidan poñer en común as súas ideas sobre a sociedade actual e o peso da educación para a súa construción. Cada xornada está moderada por un/unha xornalista diferente. Deste xeito, serán un total de seis, provenientes dos principais medios galegos de comunicación escrita.

ESTRUTURA DE CADA DEBATE

  • Cada un dos e das xornalistas propon un tema a debater que conecte a actualidade coa idea do ciclo, o valor da educación para a construción de sociedades libres, e proporá con antelación ás xornadas de traballo tres preguntas ou reflexións sobre ese tema.
  • Cada grupo traballa na aula ese tema ou argumentario.
  • Chegados xa ao día do debate, o/a xornalista desa quenda dá a benvida ao grupo e exporá a súa visión sobre o tema escollido vencellado á exposición de Castelao e a súa época e relacionado coa educación.
  • A continuación lanzará ao alumnado cada unha das preguntas, previamente propostas, e establecerá un diálogo con eles valorando e recollendo as súas ideas.
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas