Alondra Bentley

Cunha voz case divina, Alondra Bentley escribe cancións que trascenden xéneros e nacionalidades. O seu solpor estará cheo das letras delicadas e deliciosas do seu último disco, Resolutions, un álbum que supón unha evolución e unha ruptura.

Nas súas cancións aparecen soños, recordos e a visión particular de Alondra sobre o mundo que nos rodea. Unha explosión de talento para finalizar esta primeira semana do Atardecer no Gaiás no máis alto.

 
Música & Escena
 
 
00:00
 
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo