As 7 caixas | O punto

Esta primeira caixa dedícase a tres formas: ao punto, ao círculo e a esfera. A forma mínima e elemental do xogo é o punto. 

  • Punto. Unimos os puntos que atoparemos nas portas desta caixa con fío, con gomas... creando diferentes percorridos e formas.
  • Círculo.Baseándonos na instalación de “People’ s Architecture” do artista e arquitecto Yona Friedman, construimos diferentes volumes cos hula hoops que atoparás no interior desta caixa.
  • A esfera. (Actividade dinamizada por monitores) A través de dinámicas de xogo tomaremos consciencia do espazo esférico que habitamos e a distancia ata esas outras esferas que son os outros.

 [Xogos propostos por Maushaus]