21 anos celebrando o teatro amador | FEGATEA no Gaiás

A Federación Galega de Teatro Amador (FEGATEA) conmemora 21 anos de andadura nunha xornada festiva no Gaiás, cun completo programa de actividades culturais con funcións de microteatro, clown, monicreques e pezas de animación, ademais de obradoiros de escrita e lecturas dramatizadas da man das compañías que forman parte de FEGATEA. Con esta xornada, que conta co apoio da Xunta de Galicia, a Federación quere compartir coas agrupacións teatrais que a conforman a celebración do Premio da Cultura Galega que recibiron este ano polo seu labor nas artes escénicas ao longo de dúas décadas.

A Federación Galega de Teatro Afeccionado comezou no ano 2000 a súa andadura cara ao fornecemento do tecido cultural ao redor do teatro amador no ámbito autonómico a través de actividades formativas, de intercambio, mostras e festivais de teatro.

Na actualidade, FEGATEA está por 53 agrupacións teatrais representativas das catro provincias galegas, que fan dela a maior estrutura teatral da contorna autonómica. Nos últimos tempos orientou tamén os seus esforzos cara á promoción do teatro amador galego no resto de España.