Imatia é unha empresa especializada no desenvolvemento rápido de software para empresas e administracións públicas, ofrecéndose non só como proveedor de solucións a media, senón como socio tecnolóxico ou 'Departamento de I+D+i externo'.
O carácter innovador desta empresa vén marcado desde as súas orixes no 2005 ao redor dun grupo de investigación e desenvolvemento en tecnoloxías da información da Univesidade de Vigo, dirixido por Fernando Vázquez. Boa mostra diso son as múltiples alianzas establecidas durante estes anos con consultorías de tecnoloxías da información, integradores e empresas de software, así como con departamentos de TI de grandes empresas.
Esta estratexia, unida a un forte e constante investimento en I+D+i, permitíronlle a Imatia adquirir en pouco tempo un gran prestixio como empresa tecnolóxica, non só en España, senón a nivel internacional.
Contacto
Coordinador de proxectos estratéxicos: Luis Aceituno Otero.
Web: www.imatia.com
Teléfono: 699463200