Coworking - Tablón

 
Santiago de Compostela, 13 de Marzo de 2019 a Santiago de Compostela, 14 de Marzo de 2019

Este mes de marzo, o fotógrafo Óscar Corral, residente do Coworking do Gaiás, está a impartir un curso de fotografía. Será no 'Cubículo' do Centro de Emprendemento, os mércores e xoves en horario de 20.30 a 21.30 horas.

Santiago de Compostela, 02 de Marzo de 2019 a Santiago de Compostela, 11 de Maio de 2019

O Instituto de Medios Sociales organiza un Curso de Deseño Gráfico dirixido a autónomos, empresarios, estudiantes, investigadores e, en xeral, a todas aquelas persoas interesadas en adquirir a habilidade para enfrontarse a un proxecto profesional.

O curso inclúe a aprendizaxe das ferramentas de dúas das aplicacións da Suite Adobe máis empregadas polos deseñadores, Illustrator e Photoshop, e coas que o alumnado se adentrará no deseño vectorial e o retoque fotográfico. As clases presenciais terán lugar no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 02 de Marzo de 2019 a Santiago de Compostela, 11 de Maio de 2019

Dirixido a todas aquelas persoas que desexen aprender os fundamentos para mellorar o seu posicionamento en buscadores, mediante a xeración de contidos, a análise de datos e a realización de campañas de publicidade e marketing online. O curso está organizado polo Instituto de Medios Sociales.

Santiago de Compostela, 01 de Marzo de 2019 a Santiago de Compostela, 03 de Maio de 2019

O Instituto de Medios Sociales, empresa ubicada no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, organiza unha nova edición do seu 'Curso de Experto en Community Management', para todas aquelas persoas que desexen aprender a xestionar correctamente as redes sociais e a súa imaxe de marca en internet.

Santiago de Compostela, 17 de Xaneiro de 2019

Reunión mensual da coordinación do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, dirixida a todas as empresas residentes, tanto no Viveiro como no Coworking, e destinada a informar das actividades do Centro e outros temas de interese para as persoas emprendedoras do CEM. No Cubículo do CEM ás 13:30 horas.

Páxinas