Sala de prensa

 
Santiago, 22 de Marzo de 2023
Fitotario. Fotos: Manuel G. Vicente

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura Fitotario, unha intervención artística que une tecnoloxía e natureza nunha experiencia inmersiva creada pola artista visual Macarena Montesinos Fandiño, en colaboración co artista sonoro Miguel Seoane.

Santiago, 11 de Marzo de 2023

O ciclo Clásicas Desfeitas, impulsado pola Xunta de Galicia a través do Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura, programa este mes de marzo dúas pezas de nova creación coa muller como figura central. Antígona, protagonista da traxedia de Sófocles, e as autoras fundacionais da literatura mexicana e galega, sor Juana Inés de la Cruz e Rosalía de Castro, son a fonte de inspiración para os volumes 6, 7 e 8 do ciclo, que permite ao público redescubrir clásicos da literatura a través doutras disciplinas artísticas e cunha ollada contemporánea.

Santiago, 09 de Marzo de 2023

A Xunta  inaugurou hoxe no Arquivo de Galicia, coincidindo co 8 de marzo, a exposición Voces esquecidas. As mulleres do Hospital de Conxo, centrada na saúde mental abordada desde unha perspectiva de xénero. A mostra poderá verse na Cidade da Cultura ata setembro e está enmarcada na serie Mulleres Sobranceiras que cada ano se organiza con motivo do Día Internacional da Muller.

Santiago, 06 de Marzo de 2023
Fotos: Rocío Cibes

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a exposición Detrás do espello, un proxecto que percorre a pegada de Galicia na vida ou na obra de medio centenar de grandes nomes da cultura universal, desde García Márquez, Albert Einstein, Ernest Hemingway, Luis Buñuel, Federico García Lorca, Julio Cortázar, Mike Oldfield, David Chipperfield, Anna Tur

Santiago, 03 de Marzo de 2023

A Xunta vén de convocar a XIII edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura – EAN que, co obxectivo de apoiar o talento emerxente, ofrece a 40 novas figuras da creación contemporánea a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás, durante a que presentar o seu proxecto creativo persoal e compartir coñecementos e aprendizaxes con outros artistas noveis, e tamén consolidados nomes do panorama contemporáneo.

Páxinas