Sala de prensa

 
Santiago, 15 de Xuño de 2023

O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto para dotar a Galicia do seu primeiro Centro de Artes Dixitais, que será tamén un dos pioneiros en España, ao nivel dos existentes nas grandes capitais. Con este novo equipamento, o Goberno galego pretende posicionar a Comunidade para aproveitar a ventá de oportunidade que ofrecen as artes dixitas como motor cultural e económico, en termos de xeración de empresas innovadoras e postos de traballo, así como ferramenta para preservar e divulgar o patrimonio e contribuír a elevar a calidade do sistema educativo.

Santiago, 09 de Xuño de 2023

Xa está publicada listaxe provisional cos nomes dos 40 creadores e creadoras emerxentes seleccionadas para participar no XIII Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, #EAN13. Nesta residencia artística no Gaiás –que terá lugar entre o 28 e o 31 de agosto- poderán presentar o seu proxecto creativo, así como intercambiar experiencias profesionais con outros artistas emerxentes e consolidados, comisarios ou prensa especializada.

Santiago, 07 de Xuño de 2023

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, programa para este Verán no Gaiás medio cento de actividades pensadas para todos os públicos e cun amplo e variado abano de contidos, que inclúen música, campamentos urbanos, grandes espectáculos familiares de circo, maxia e rock e novas exposicións para gozar da arte dentro e fóra do Museo Centro Gaiás.

Santiago, 30 de Maio de 2023

A Xunta de Galicia amplía os atractivos do Bosque de Galicia como espazo de lecer e cultura coa inauguración de O prisma dos sentidos, intervención artística realizada polo escultor Acisclo Manzano. Concibida como un lugar de meditación e espiritual, a obra evoca as formas dunha capela contemporánea erixida na contorna do monte Gaiás.

Santiago, 15 de Maio de 2023

A Cidade da Cultura volve acoller o sábado 3 de xuño a colorida e festiva carreira Holi Gaiásque vai pola súa quinta edición. A proba terá lugar nos exteriores do Gaiás a partir das 12,00 horas da mañá e contará cun percorrido de cinco quilómetros nos que non faltará a tradicional poeira de cores coa que se identifica esta proposta lúdica e deportiva.

Páxinas