I Xornadas de Audición, Linguaxe e Comunicación

A Asociación Galega de Mestres de Audición e Linguaxe (AGMAL) organiza este mes de novembro as I Xornadas de Audición, Linguaxe e Comunicación, que decorrerán na Cidade da Cultura nos días 16 e 17 de novembro. O encontro servirá para analizar e debater sobre os retos que afronta esta profesión con algúns dos mellores expertos pedadogos, logopedas, lingüistas e psicólogos que están a traballar e a investigar en áreas como a dislexia, os trastornos fonéticos e fonolóxicos, a compresión da linguaxe e a lectura, as posibilidades nas novas tecnoloxías na comunicación aumentativa ou a inclusión do alumnado xordo nas aulas.

AGMAL é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no 2017 co fin de apoiar a figura do Mestre de Audición e Linguaxe, intentando dar solucións prácticas e resolver as problemáticas e retos que afectan ao colectivo no seu traballo diario. Con este obxectivo, AGMAL organiza cursos, seminarios, congresos nos que compartir experiencias e afondar, da man dos mellores expertos do sector, na mellora da profesión.

Programa das xornadas

Venres 16

  • 15:45-16:00h. Entrega de materiais.
  • 16:00-16:30h.Benvida
  • 16:30-18:30h. Santos Borregón: Trastornos da articulación: Da exploración ao tratamento, un novo enfoque.
  • 18:30-18:45h. Descanso
  • 18:45-20:15h. Fátima Mª García Doval: A comunicación alumentativa e alternativa na era dixital: posibilidades e retos.


Sábado 17

  • 09:30-11:00 h. Gerardo Aguado:  Que é e como mellorar a comprensión da linguaxe. Parte 1
  • 11:00-11:30 h. Descanso
  • 11:30-12:30 h. Gerardo Aguado: Que é e como mellorar a comprensión da linguaxe. Parte 2
  • 12:30-14:00 h. FAXPG: A inclusión do alumnado xordo na aula.
  • 14:00-15:45 h. Comida
  • 15:45-17:45 h. Carmen Silva: A dislexia desde unha perspectiva neuropsicolóxica.
  • 17:45-18:15 h. Descanso
  • 18:15-20:15 h. Raquel Escobar: Construíndo un novo enfoque en tartamudez: dos mitos, pálpitos e impresións ás evidencias, investigación e rigor.
  • 20:15 h. Despedida


Máis información sobre os relatores, contidos e inscricións na web de Agmal.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
Convocatoria aberta
Prazo do 23 Abr ao 22 Mai 2024
3 - 5 Mai 2024
1 - 13 Xul 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h