Concerto didáctico con Campo de Estrelas

A Biblioteca e Arquivo de Galicia celebra o Día da Música cun concerto didáctico a moda de paseo paseo pola música do mundo a través dos instrumentos de corda: violín, viola, violoncelo e contrabaixo.

Da man do grupo Campo de Estrelas, intercalaranse charlas interactivas con pezas musicais nas que colaborarán nenos e nenas no escenario. Farase un recorrido explicativo polas cidades máis importantes da música en Europa: Viena, Salzburgo, Venecia, Cremona... e tamén se falará dos compositores: Mozart, Vivaldi, Beethoven, Haydn... interpretaranse as súas obras, contaranse anécdotas interesantes das súas vidas... establecerase un diálogo interactivo entre os participantes e os músicos.

Explicaranse as partes dos instrumentos de corda e toda a familia de corda frotada, mostraranse distintos tipos intrumentos de corda e instrumentos de percusión para que o público os poida ver de cerca e tocar, dando unha clase colectiva para todo o público asistente, de forma moi lúdica e participativa.

 
En familia
 
8 de xuño de 2024
Ás 11.30 e ás 12.00 horas