Durante toda a xornada deste domingo, a Cidade da Cultura convertiuse nun plató de cine para acoller un casting moi especial: o da primeira serie española en Lingua de Signos. Medio cento de persoas de entre 18 e 70 anos se daban cita no edificio da Biblioteca e o Aquivo de Galicia para participar na selección de extras da serie cómica Mírame Cuando Te Hablo, que se emitirá a partir de outubro a través de internet.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a formación dos deseñadores galegos colaborando cunha xornada na Cidade da Cultura de Galicia na que participarán Enric Satué e Alberto Corazón, dúas figuras clave na historia do deseño en España.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha o IV Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura', no que setenta creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea ao longo de catro días de convivencia e intercambio de experiencias con outros axentes culturais.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a descubrir a través da auga unha outra realidade na intervención Flywaterbags. A sight into the water, a nova instalación das Torres Hejduk do Gaiás ideada pola artista multidisciplinar Ana Soler.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, chamou esta mañá a establecer un diálogo cultural a través da música na inauguración de Galician Connection 2014, un laboratorio musical promovido pola Xunta de Galicia que arranca hoxe no Gaiás baixo a dirección de Cristina Pato.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 236
- 237
- 238
- 239
- 240
- 241
- 242
- 243
- 244
- …
- seguinte ›
- última »




