O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, chamou esta mañá a establecer un diálogo cultural a través da música na inauguración de Galician Connection 2014, un laboratorio musical promovido pola Xunta de Galicia que arranca hoxe no Gaiás baixo a dirección de Cristina Pato.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ilumina este martes e mércores de azul as Torres Hejduk do Gaiás para conmemorar o Día Internacional da Concienciación do Autismo, que se celebra cada 2 de abril en todo o mundo. A Cidade da Cultura súmase así ao movemento ‘Light it up blue’, que tingue de azul monumentos emblemáticos para visibilizar este trastorno e mostrarlle o seu apoio ás persoas con autismo e as súas familias.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria trae o vindeiro 3 de maio ao Gaiás a unha das mellores compañías de circo contemporáneo, Gandini Juggling. O grupo británico representará un dos espectáculos máis aclamados pola crítica e o público nos últimos anos: Smashed.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agradeceulle hoxe á Súa Alteza Real O Príncipe de Asturias a súa visita á nosa comunidade autónoma para visitar a exposición Auga Doce e sumarse así á homenaxe “a esa Galicia interior que aínda atesoura segredos que merecen a pena ser descubertos”. Así o dixo o mandatario autonómico, quen esta mañá acompañou a Don Felipe de Borbón durante o acto de inauguración da mostra na Cidade da Cultura.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anuncia que a visita á exposición Auga Doce será gratuíta durante a primeira semana co fin de que todos os interesados poidan achegarse a gozar desta mostra que se inaugura o próximo venres 21 de marzo, na véspera do Día Mundial da Auga. A partir da primeira semana, a exposición poderá tamén visitarse de balde todos os domingos ata a súa clausura o 14 de setembro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 231
- 232
- 233
- 234
- 235
- 236
- 237
- 238
- 239
- …
- seguinte ›
- última »




