A cidade de Córdoba, en Arxentina, acollerá por primeira vez o Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura de Galicia’, evento destinado á promoción dos artistas emerxentes que este ano celebrou no Gaiás a súa sexta edición. Un total de 30 artistas emerxentes (15 de Arxentina e 15 de España) serán seleccionados para reunirse durante cinco días para promover un lugar de encontro, debate e exposición do seu traballo xunto á ollada dun grupo de artistas españois e arxentinos xa consolidados e onde a experiencia da convivencia resultará esencial.
O Ministerio de Cultura do Goberno de Arxentina oferta 30 bolsas que, para os 15 artistas procedentes de España, cubrirán os gastos da viaxe (desde Madrid), aloxamento, comidas e o propio curso. Ata as 19 horas do luns 24 de outubro, os interesados en participar poderán presentar a súa candidatura. As bases da convocatoria, con toda a información e as condicións para participar, están xa dispoñibles na área de descargas.
| 891.76 KB |
