Cidade Imaxinaria 2015

Traslado de escenario: ante as previsións de choiva para este sábado, Cidade Imaxinaria trasládase ao Museo Centro Gaiás. Mesmo horario, mesmo programa, distinto escenario.

Benvidos ao maior espectáculo do mundo! Cidade Imaxinaria volve ao Gaiás para converterse por un día nun circo xigante onde todo pode suceder: viaxeiros equilibristas, bombeiros malabaristas, pallasos magos, dragóns acróbatas, principiantes de trapecistas e ata dj’s perruqueiros se darán cita na praza central da Cidade da Cultura para facer dos soños unha realidade.

Esta quinta edición de Cidade Imaxinaria céntrase na máis pura esencia do circo para que nenos e maiores gocen de divertidos e sorprendentes espectáculos ao aire libre durante toda unha xornada de xogos e diversión. 

Consulta o programa completo na área de descargas.

 

 
En familia
 
Plano Cidade Imaxinaria
 
 
00:00