A Cidade da Cultura acollerá mañá, martes 21 de xullo, a Reunión Anual de Directores do Instituto Cervantes, que inaugurará a Raíña Doña Letizia. Este encontro fixará a estratexia da institución e abordará en profundidade dous grandes retos que suporán novas responsabilidades para o Instituto: as leis de nacionalidade para estranxeiros residentes e para sefardíes, e a certificación do español a través do diploma oficial DELE e do futuro certificado SIELE.
Ambas as dúas cuestións conlevarán importantes desafíos para o Instituto Cervantes en múltiples aspectos que se estudarán ao longo de catro días de traballo. A Reunión Anual congregará un total de 70 responsables da institución. Todo o equipo directivo do Cervantes en España e os directores de case 60 centros repartidos polos cinco continentes establecerán as liñas de actuación na promoción internacional da lingua española e a cultura en español.
As Xornadas comenzan hoxe en Madrid, na sede central, coas intervencións (a porta pechada) do director, Víctor García de la Concha, e do secretario xeral, Rafael Rodríguez-Ponga. A continuación terá lugar a primeira das sete sesións de traballo –a única que se celebrará en Madrid-, en torno ás novas leis de nacionalidade que acaba de aprobar o Parlamento e que outorgan un relevante papel ao Instituto Cervantes.
Inauguración a cargo da raíña Letizia
A Raíña Dona Letizia inaugurará mañá a Reunión de Directores en Santiago de Compostela, donde terán lugar as Xornadas ata o xoves 23. No acto de inauguración (11:30 horas) intervirán tamén o secretario de Estado de Cultura, José María Lassalle; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o director do Instituto Cervantes, Víctor García de la Concha, e o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega.
