#GaiásenVerde | Sementa o verán

Que pasa cando o verán deixa de ser só unha estación e se converte nun territorio por explorar? Cando a luz se volve máis intensa, o verde máis vivo e o tempo parece abrirse para mirar doutro xeito? Este ciclo propón entrar nese verán vivo, cheo de movemento, onde a natureza non é escenario senón presenza activa, próxima e cambiante.

Entre bosques, lagos e camiños, o Gaiás convértese nun espazo para redescubrir o salvaxe que aínda permanece: nas plantas que medran sen facer ruído, nas aves que atravesan o ceo, na memoria dun monte que segue transformándose. Un verán para observar, escoitar e deixar que o entorno fale con toda a súa forza verde e luminosa.

Andaina de interpretación ambiental | 7 de xullo ás 18:30h | INSCRICIÓNS AQUÍ

Unha camiñata para recoñecer a flora e a fauna máis representativa do Monte Gaiás e, tamén, para facer un percorrido histórico e indagar na transición vexetal nos últimos tempos. De balde, previa inscrición aquí.

Observación ornitolóxica. 14 de xullo ás 18:30h | INSCRICIÓNS AQUÍ

Queres prender a recoñecer as aves que habitan a túa contorna? Neste roteiro ornitolóxico aprenderás a identificar as aves que atravesan o ceo do Gaiás e a utilizar unha aplicación para o recoñecemento de especies en tempo real. De balde, previa inscrición aquí.

Safari verde. Descubrindo os hábitats do Gaiás | 21 xull ás 18:30h | INSCRICIÓNS AQUÍ

Cantas especies vexetais coñeces? Ponte a proba con este reto de observación das especies vexetais máis representativas do Bosque de Galicia e o Parque do Lago. De balde, previa inscrición aquí.