Andaina de interpretación ambiental | Sementa o verán #GaiásenVerde

Nesta actividade un guía especializado en medio ambiente realizará unha interpretación do patrimonio natural da Cidade da Cultura, amosando as principais especies de fauna e flora presentes e percorrendo os diferentes espazos verdes do complexo.

Nela, abordarase tamén a evolución do Monte Gaiás, dende o inicio das obras ata a situación actual, explicando como os antigos terreos de labranza, tras o seu abandono, deron paso a un hábitat de matogueira dominado por toxos e breixos, ata a plantación inicial do Bosque de Galicia en 2015, co obxectivo de favorecer a creación progresiva dun monte autóctono e maduro.

O percorrido estrutúrase en diferentes paradas:

  • Museo: introdución ao proxecto da Cidade da Cultura e evolución dos seus espazos verdes.
  • Zona do antigo proxecto do Centro de Arte Internacional: presenza do lago e especies vexetais autóctonas.
  • Bosque do camiño e resto do Bosque de Galicia: especies arbóreas plantadas, rodais de carballo preexistentes e a súa importancia ecolóxica. Fauna presente e antigos usos forestais e agrícolas.
  • Parque do Lago: especies de flora, observación de aves e uso de aplicacións medio ambientais para apoio á identificación.

 

 
En familia
 
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h