A Federación Galega de Teatro Amador (FEGATEA) conmemora 25 anos de andadura nunha xornada festiva no Gaiás cun completo programa con case 20 actuacións de formacións de toda Galicia.
A Federación Galega de Teatro Afeccionado comezou no ano 2000 a súa andadura cara ao fornecemento do tecido cultural ao redor do teatro amador no ámbito autonómico a través de actividades formativas, de intercambio, mostras e festivais de teatro.
Na actualidade, FEGATEA está por 63 agrupacións teatrais representativas das catro provincias galegas, que fan dela a maior estrutura teatral da contorna autonómica. Nos últimos tempos orientou tamén os seus esforzos cara á promoción do teatro amador galego no resto de España.
| 1.17 MB |


