As aventuras do Apalpador ou Apalpadora na longa noite de Noiteboa | Nadal no Gaiás 2024-25

Como vive o Apalpador o 24 de decembro? Que fai desde que se ergue ata que vai durmir? Nesta actividade, nenos e neas descubrirán as súas aventuras na noite de Noiteboa. En varios grupos construirán, a través da técnica da colaxe, personaxes e escenografías para reproducir este día tan especial para a cativada. Recrearán como almorza, se viste, recolle os pequenos xoguetes e o seu saco de castañas para botar a andar polo monte ata chegar ás casas para, unha vez alí, deixar os agasallos e comer o doce que lle deixa a rapazada antes de volver ao seu fogar e, xa canso, durmir. 

Nesta actividade, nenos e nenas poderán divertirse explorando diferentes disciplinas artísticas como as artes plásticas, a literatura ou o teatro. 

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas