Concurso infantil de postais | Nadal no Gaiás 2024-2025

Este Nadal, animade os pequenos e as pequenas artistas da casa a sacar o seu lado máis creativo e decorar como máis lles preste o noso bosquexo de cabra de yule que traía os agasallos dos nenos e nenas viquingas. Rotulador, colaxe, témpera, ceras, tea, acuarela, lá... Non hai regras, nin máis fronteira cá da imaxinación! 

Pasade unha tarde en familia a argallar a vosa postal de Nadal para felicitar estas festas e facédenola chegar para poder gañar un convite familiar ao espectáculo do Circo de Nadal, que terá lugar o 27 de decembro de 2024 no Museo Centro Gaiás, onde ademais recollerán un agasallo sorpresa.

Como participar

— Deseña a túa postal empregando a nosa proposta de deseño, ou outra idea que se che ocorra. Espreme ben os miolos, que o único límite é o teu maxín!

— Envíanos a túa postal [IMPORTANTE: non esquezas incluír o teu teléfono e enderezo de correo electrónico para que poidamos contactar contigo en caso de que a túa postal sexa premiada!]

  • Por correo postal ao enderezo: Fundación Cidade da Cultura de Galicia (Concurso de postais de Nadal), Edificio CINC (3º andar), Monte Gaiás s/n, 15707 – Santiago de Compostela
  • Depositándoa na caixa do correo do mostrador do Museo Centro Gaiás
  • Enviándoa ao enderezo de correo electrónico online.cdc[@]xunta.gal

Postais gañadoras

.

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas