Redescubre a maxia do circo clásico con este novo espectáculo onde osos polares ou elefantes animatrónicos —animais mecánicos coa aparencia e o movemento de animais de verdade— abraiarán por igual a cativada e persoas adultas. Cunha coidada escenografía, e fabulosas acrobacias e coreografías, esta nova proposta da compañía La Fiesta Escénica tráenos a presentación en primicia dos seus novos animatrónicos, creados para cativar ao público co seu realismo. Un fantástico plan en familia para estas festas que non vas querer perder. Merca xa a túa entrada!
A pequena protagonista, chea de curiosidade e valentía, descobre na noite de Nadal que o membro máis novo da súa peculiar familia non recibiu o seu agasallo. Xuntos, embarcaranse nunha extraordinaria viaxe cara a un mundo de fantasía onde esvaecen as fronteiras da realidade. Neste universo onírico atoparán máxicas personaxes que os guiarán nunha aventura inesquecible para descubrir a verdadeira esencia da amizade, o afecto e o respecto, rematando cun conmovedor agasallo final.

La Fiesta Escénica
Compañía creada na Arxentina pero asentada en Galicia, en Oia, dende o ano 2001. Ao grupo sumáronse dende entón artistas locais e internacionais. A súa aposta pola creación de animais mecánicos e autómatas de gran realismo recibiu recoñecemento internacional, acadando grande éxito de público en España, Francia ou Alemaña.
Nadal no Gaiás 2024-25
— Preme para consultar o resto da programación do Nadal no Gaiás 2024-2025

