O Seminario de Estudos Galegos: Aprende xogando! | Mes da Ciencia en galego na Biblioteca de Galicia 2024

Neste obradoiro a rapazada descubrirá o Seminario de Estudos Galegos dun xeito moi dinámico e entretido a través de diversos xogos e actividades.

A dinámica do obradoiro será a seguinte: a rapazada comezará facendo o seu propio carné de socio/a co seu nome e apelido para estar ben identificados antes de iniciar unha viaxe ao pasado. Farase unha breve presentación onde se explicará que foi o SEG, como funcionaba, e quenes formaron parte del. A continuación, comezaremos cos xogos facendo dous equipos: quen é quen con personaxes relevantes do SEG, xogos de cartas tipo memory con elementos vencellados ao Seminario, concurso de preguntas, póster de axilidade visual Buscando o SEG (semellante a Onde está Wally), entre outras.

En cada xogo repartiranse unha serie de puntos materializados en chapas do SEG e o equipo que consiga máis chapas, gañará!

 

 
En familia
 
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas