Existen distintos procedementos para a realización de cambios ou devolucións e a continuación describiremos as características de cada un deles, así como as súas condicións:
1. Cambio: considérase cambio a substitución dun artigo por outro.
2. Devolución: existen dous tipos de devolucións:
- As que se orixinan por causa dunha tara ou defecto no artigo.
- As que se orixinan por unha decisión persoal do cliente, que se denominarán devolucións por desistencia.
En calquera dos procedementos de cambio ou devolución solicitados é indispensable contar co documento que se especifica a continuación:
- a través da tenda física, é indispensable a presentación do recibo de compra.
- a través da tenda online, é indispensable incluír completado o documento adxunto ao envío (documento de devolución e desistencia).
Todos os artigos que vaian ser devoltos deben ir na súa embalaxe orixinal nas mesmas condicións nas que foron enviados. En calquera caso, non se admiten devolucións nin cambios de artigos que non dispoñan do seu envoltorio orixinal ou tipos personalizados nin relacionados co cabelo, a excepción de artigos defectuosos ou con taras.
Cambios ou devolucións realizados en tendas físicas:
- Condicións: O proceso de cambio ou devolución (tanto devolucións por tara ou defecto coma devolucións por desistencia) debe realizarse nos 30 días naturais posteriores á recepción do pedido.
- Custo: os cambios ou devolucións en tenda non teñen custo algún para o cliente.
- Procedemento: só tes que dirixirte á tenda de A Cidade da Cultura situada no Museo Centro Gaiás de Santiago de Compostela co recibo orixinal que recibiches coa túa compra ou a factura recibida no teu pedido.
Cambios ou devolucións solicitados a través da tenda online:
- Condicións: o proceso de cambio ou devolución (tanto devolucións por tara ou defecto coma devolucións por desistencia) debe iniciarse nos 15 días laborables posteriores á recepción do pedido. Os cambios só poderán realizarse de cor e/ou talle sobre a mesma referencia.
- Custo: Os cambios ou devolucións por tara ou defecto non teñen custo algún para o cliente. No caso de cambios de talle e/ou cor, e en caso de devolucións por desistencia, o cliente deberá facerse cargo dos gastos de envío que xere ese proceso.
- Procedemento: Ponte en contacto connosco desde o noso servizo de atención ao cliente para informarnos da túa decisión de cambio ou devolución. Descarga e enche o documento de desistencia se se trata dunha devolución. O cliente deberá enviar os artigos a través da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos e por medio dun modelo de paquete que permita que o valor e circulación do seu contido estean rexistrados ou controlados ata o seu destino. O cambio ou reembolso realizarase dentro do prazo de 30 días naturais desde a recepción da súa notificación. Tras aprobar o reembolso valorando o estado do artigo devolto (os artigos deben ter as etiquetas interiores e embalaxes orixinais en perfecto estado) recibirás un correo electrónico de confirmación indicando que o importe do produto e os gastos de envío pola súa devolución incluídos se abonarán na túa conta nuns días en caso de devolución por tara ou defecto. Lembra que o abono á tarxeta de crédito depende sempre da túa entidade bancaria. Se se trata de cambios de talle e/ou cor, ou devolucións por desistencia, o cliente deberá facerse cargo dos gastos de envío que xere este proceso e serán sumados ao importe de compra orixinal dos artigos.
Os pedidos entregados en Canarias Ceuta e Melilla, incluíndo os pedidos internacionais ao resto de países dispoñen das mesmas condicións e procedementos anteriores exceptuando os seus custos. En caso de cambios de talle e/ou cor, ou devolucións por desistencia, o cliente deberá facerse cargo ademais dos posibles gastos de alfándega correspondentes. En caso de que o cliente non recolla o pedido unha vez que este se encontre na alfándega, correrá ademais cos gastos que xere o retorno do pedido ao almacén.
Nota: Cidadedacultura.org resérvase o dereito de rexeitar devolucións comunicadas ou enviadas fóra do prazo fixado, ou artigos que non se encontren nas mesmas condicións nas que foron recibidos.