Neste obradoiro invitámoste a adiviñar o que hai no interior de cinco caixas pechadas. Pero ollo!, non podes mirar, terás que empregar o teu tacto, oído e olfato.Os obxectos ou materiais agochados nelas, pertencen á prehistoria e son réplicas dos que aparecen habitualmente nas escavacións arqueolóxicas. A través de todos eles, coñecerás moitas cousas interesantes sobre como vivían as nenas e os nenos naquela época.
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH

