Escape Room: Biomisión | Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia 2023

No ano 2050 o clima e a polución levaron á desaparición dos cultivos na Terra. A última esperanza para poder alimentar á humanidade é un pequeno grupo de investigadoras e investigadores. Terán que enfrontar numerosos desafíos para atopar as últimas sementes viables e conseguir cultivalas en condicións extremas. Así, se queres participar no BIOMISIÓN ESCAPE ROOM, monta un grupo de 4 ou 5 persoas coa misión de salvar a Terra. 

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas