Medidas pola situación sanitaria

Santiago de Compostela, 12 de Marzo de 2020

Co fin de garantir a saúde dos visitantes, usuarios e traballadores e seguindo as indicacións  das autoridades sanitarias en relación co Covid-19, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia informa:

  • Museo Centro Gaiás, a Biblioteca e Arquivo de Galicia permanecerán pechados ao público durante 14 días, periodo prorrogable en función da situación sanitaria. 
  • O peche supón a cancelación de todas as visitas de grupos e das actividades presenciais programadas neste periodo no Museo Centro Gaiás.
  • O Punto de Información da Cidade da Cultura, situado no Museo Centro Gaiás, está pechado. No entanto, as persoas que desexen facer algunha consulta poden dirixirse ao teléfono 881 997584  ou ao enderezo electrónico: o.informacion@cidadedacultura.org.
  • Clausúranse os tres auditorios da Cidade da Cultura, o Salón de Convencións e tres espazos de celebración de eventos.
  • As áreas infantís da Cidade da Cultura tamén están pechadas durante este período, que podo ser ampliable. 
  • Peche dos espazos naturais do Gaiás:  Bosque de Galicia, Parque do Lago, Xardín Literario e Xardín do Teatro.
  • Os equipos do Museo Centro Gaiás, da Biblioteca e do Arquivo de Galicia continuarán a traballar de xeito interno, prestando servizos a través de ferramentas dixitais e potenciando os contidos online.
  • Os espazos de traballo do Centro de Emprendemento continuarán abertos para prestar servizo ás empresas e persoas emprendedoras usuarias das instalacións, de xeito que poidan desenvolver o seu traballo con normalidade, pero sempre atendendo as recomendacións sanitarias xerais. 

 

Ante posibles modificacións dos servizos da Cidade da Cultura de Galicia, pregamos á cidadanía que consulte as webs e contas de redes sociais das institucións, empresas e colectivos localizados no Gaiás non dependentes da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Para máis información, o teléfono de atención á cidadanía é o 900 400 116.

Lembrando que estas decisións están dirixidas a minimizar o impacto do coronavirus, apelamos á responsabilidade de todos e todas para conter os contaxios e agradecemos a súa colaboración.