Ritual. Juan Cañamero

Ritual recrea un dos múltiples debuxos de John Hejduk: a Capela do Anxo Morto, a medio camiño entre a arquitectura fantástica e funcional.

Juan Cañamero (Madrid, 1981) formula a súa reconstrución tridimensional nun dos cilindros anexos á torre transparente e reactiva a súa funcionalidade orixinal a través da figura desmembrada dun anxo. O artista recupera así o sentido ritual e místico que para o imaxinario de Hejduk tiña a arquitectura e a súa capacidade para contar historias que nos fagan reflexionar sobre a condición humana.