COMPRAS
1. Cales son os pasos a seguir para comprar na tenda Online?
- Elixe o produto que che interesa das seccións clasificadas da tenda online, e a través dun clic conseguirás unha ampliación da súa fotografía ademais de información detallada do mesmo.
- Engade o artigo á cesta. A continuación podes elixir seguir comprando ou tramitar pedido.
- Selecciona un método de pago: Visa, Visa Electron, Mastercard, American Express...
- Confirma o pedido e recibirás un correo electrónico confirmándoche o teu pedido.
2. É seguro comprar na tenda online?
Si. Podes comprar con total tranquilidade, pois dedicamos un grande esforzo en dispoñer de recursos cos que garantir a seguridade das túas compras e dos teus datos.
3. Repóñense os artigos coa indicación “esgotado”?
Se un artigo está esgotado, trataremos de repoñelo o antes posible. Se non houbese máis stock do mesmo, retirarémolo da páxina web.
4. Recibirei o mesmo produto que vexo na fotografía da tenda online?
Si, excepto naqueles produtos manufacturados por medio de procesos artesanais nos que podería haber mínimas diferenzas de acabado.
5. É posible recibir información periódica na miña caixa de correo electrónico coas últimas novidades e ofertas da tenda online?
Se estás dado de alta na “Newsletter” recibirás información sobre as últimas novidades, ademais das novas actividades culturais das que poderás gozar.
6. Como podo asegurarme de ter realizado ben a miña compra?
Unha vez feito o teu pedido, recibirás un correo electrónico de confirmación. Se non o recibises, ponte en contacto co noso departamento de atención ao cliente.
7. Que debo facer se recibo un artigo incorrecto ou defectuoso?
Se nalgunha ocasión, por erro, chegases a recibir un artigo non solicitado ou con algunha tara ou defecto, ponte en contacto co noso departamento de atención ao cliente.
PAGAMENTO
8. É seguro utilizar a miña tarxeta de crédito na páxina web?
Si, os seus datos transmítense de forma totalmente encriptada SSL. Para o pago con Visa e Mastercard aceptaranse só transaccións CES (Comercio Electrónico Seguro). Polo tanto, tras verificar que a tarxeta está adherida ao sistema CES, o sistema contactará co banco que a emitiu para que autorice a compra. Unha vez que o banco confirme a autenticidade, efectuarase o cargo na tarxeta. En caso contrario o pedido será cancelado.
9. Podo obter unha factura a nome da miña empresa?
Si. Soamente tes que cubrir os datos fiscais que che pedimos.
ENVÍO
10. Podo saber en que estado se encontra o meu pedido?
Si. Tras da recepción da túa confirmación de pedido recibirás unha notificación certificando a saída e envío do paquete. Dispós dun nº localizador do envío que che permite levar a cabo un seguimento do envío a calquera hora desde a páxina web www.correos.es. Se desexas dispoñer de máis información non dubides en poñerte en contacto co noso departamento de atención ao cliente.
11. Como podo cancelar o meu pedido?
Poderás cancelar o teu pedido, sempre que o estado do mesmo o permita. Pode ser perfectamente factible antes da recepción do correo electrónico de notificación de saída do envío. Para iso, deberás poñerte en contacto co noso departamento de atención ao cliente.
12. Que debo facer se recibo un artigo incorrecto ou defectuoso?
Se nalgunha ocasión, por erro, chegases a recibir un artigo non solicitado ou con algunha tara ou defecto, ponte en contacto co noso departamento de atención ao cliente.
13. Canto tardará en chegar o meu pedido?
Os prazos de entrega dependen do destino ao que se dirixen os envíos. Para envíos nacionais úsase o modelo de paquete postal 48/72 e o seu prazo de entrega estimado en España é de 48 a 72 horas hábiles. Para envíos internacionais dentro da Unión Europea o úsase modelo de paquete internacional económico que dispón dun prazo estimado de 8 a 10 días laborables. Para outros destinos internacionais depende de cada país.
14. Canto hei de pagar de gastos de envío?
Os gastos de envío estándar son de 4,00 EUR.
15. Cal é o proceso de entrega dun pedido?
O envío estará dirixido á Oficina de Correos de Referencia máis próxima ao enderezo de destino. Correos notificará a súa chegada por medio dun Aviso depositado na caixa do correo do destinatario.
CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS
16. Podo cambiar os meus artigos?
Si, os cambios poderán realizarse de cor e/ou talla sobre a mesma referencia ou en substitución doutro artigo. O proceso de cambio debe iniciarse nos 15 días laborables posteriores á recepción do pedido e o cliente deberá facerse cargo dos gastos de envío que xere ese proceso.
17. Como debo facer para devolver un artigo?
- Para levar a cabo unha devolución deberás primeiro notificalo poñéndote en contacto connosco no noso departamento de atención ao cliente.
- Descargar, cubrir e enviarnos o documento de desistencia correspondente.
- Enviar os artigos a través da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos e por medio dun modelo de paquete que permita que o valor e circulación do seu contido estean rexistrados ou controlados ata o seu destino.
18. Cal é o prazo para poder realizar unha devolución?
O prazo para calquera devolución estará dentro dos 30 días naturais desde a recepción da súa notificación de devolución.
19. Teño que pagar algo pola miña devolución?
O cliente deberá facerse cargo dos gastos de envío que xere este proceso.
20. Cando recibirei o reembolso da miña devolución?
Tras aprobar a devolución (os artigos teñen que estar en perfecto estado e ter as etiquetas interiores) recibirás un correo electrónico de confirmación indicándoche que o reembolso se abonará na túa conta nuns días. Lembra que o abono á tarxeta de crédito depende sempre da túa entidade bancaria.