Paulo Rodríguez

Xosé Paulo Rodríguez Domínguez (1969 Casal de Alén- Entrimo/ Ourense), Director do Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Dea pola Universidade da Coruña (UDC) en Galego-Portugués e Estudos Románicos. Está en posesión do Diploma de especialista en Teatro pola ESMAE (Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo) da Universidade do Porto (Portugal) e posúe un Posgrao en Xestión Cultural na Universitat Oberta de Barcelona. Ademais, realizou numerosos cursos de literatura, teatro, semiótica e xestión cultural.

No ámbito da xestión ocupou o cargo de técnico de cultura na UDC, dependente da Vicerrectoría de Extensión Universitaria e Comunicación. Foi director e coordinador da Aula de Teatro do Campus de Lugo da USC, así como profesor e  Director  da Aula de Teatro da UDC.

Desde decembro de 2006 ata maio de 2011 ocupou o cargo  Director-Xerente do Auditorio de Galicia, organismo autónomo local que ten encomendada a xestión da Área de Cultura do Concello de Santiago de Compostela e integra o Consello Municipal de Cultura como secretario e o Consello Municipal de Turismo. En maio do 2011 tomou posesión da praza de Director do Teatro Rosalía Castro da Coruña xestinado polo IMCE ( Instituto Municipal Coruña Espectáculos).

Fundou a súa propia compañía de teatro e traballou con varias compañías profesionais de teatro, como actor e director e dramaturgo.