Máscara nómada. Iago Eireos

Con Máscara nómada, Iago Eireos (Lugo, 1980) conecta a Cidade da Cultura co centro de Compostela a través dunha instalación efémera no Parque de Belvís –destino orixinal das Torres Hejduk- e a súa posterior documentación no Gaiás.

En Belvís recrearase a planta das torres a escala 1:1 por medio de lonas ancladas ao chan, nas que se amosará un tramado de liñas, ilustracións e estruturas arquitectónicas que se funden sen amosar un significado concreto. Unha recreación que se trasladará ás Hejduk en forma de estudos e apuntes técnicos.