María Sheila Cremaschi

Á súa formación coma Licenciada en Historia e actividade docente coma Profesora de Historia na Universidade Nacional de Cuyo (Arxentina), María Sheila Cremaschi engade un Máster en Xestión e Políticas Culturais e numerosos seminarios en diversas universidades internacionais.

Comezou a súa carreira en Bos Aires no eido das artes escénicas chegando a ter o seu propio teatro —o Teatro Café Mozart— e foi Directora de Comunicación do Teatro Nacional Cervantes (Bos Aires).

É membro do Consello Consultivo e Representante na Unión Europea de arteBA Fundación, é vicepresidente do Consello Consultivo do Hay Festival of Literature and the Arts, e dende a súa creación, dirixe as edicións nas cidades de Segovia (España), e Budapest (Hungría). É co-editora, xunto con Beltrán Gambier, da revista Intramuros.

Polo seu traballo, recibiu numerosos recoñecementos e premios internacionais, entre os que poderían destacarse a Medalla Johann Strauss da cidade de Viena en 1983, a Distinción Cultural de Bos Aires en 1990, ou o Premio Impacto Mediático do Club Internacional de Prensa de Madrid en 2008. A Súa Maxestade a Raíña, Elizabeth II, nomeouna membro da Orde do Imperio Británico, e o Embaixador en España impúxolle a medalla o 23 de outubro de 2013.

+ info: www.hayfestival.com