Compositor, improvisador e intérprete, é unha das figuras máis internacionais da música en Siria. Formado na Juilliard e na City University, é tamén un artista comprometido coa música do seu país natal e coa difícil situación que está a atravesar. Fundador do Damascus Chambers Players Series, formou parte da East-West Divan Orquestra de Daniel Baremboim e é membro do Silk Road Ensemble de Yo Yo Ma. O seu último concerto no Carnegie Hall foi celebrado para recaudar fondos para os nenos sirios refuxiados pola guerra en colaboración con Médicos sen Fronteiras
- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH
