Jesús Cimarro

Empresario e produtor teatral, Jesús F. Cimarro é, dende 1988, presidente da produtora e distribuidora escénica Pentación Espectáculos. Na actualidade ocupa o cargo de presidente de APTEM~ Asociación de Produtores e Teatros de Madrid, e vicepresidente de FAETEDA~Federación Estatal de Asociacións de Empresas Produtoras de Teatro e Danza de España. Tamén é membro da Federación Europea de Empresarios de Espectáculos. En 2003 foi o Director Artístico do Teatro Muñoz-Seca (2003). Dende 2005 é Director do Teatro Bellas Artes (Madrid), e dende 2010 Director Xerente do Teatro La Latina (Madrid).

Foi colaborador do diario El Correo Español–El Pueblo Vasco durante catro anos, e aínda hoxe continúa co seu labor coma articulista en diversas publicacións de índole teatral. É autor do libro Producción, gestión y distribución del teatro en España (Madrid, 1997).

Ao longo da súa dilatada carreira produciu e distribuíu máis de oitenta espectáculos teatrais, moitos deles destacados títulos de éxito de público e crítica —en 2005 recibiu o premio Max ao Mellor Empresario Privado de Teatro—.

+ info: www.festivaldemerida.es