Da árbore...

Da árbore á cadeira ofrece un percorrido emocional que comeza nos propios bosques galegos, entrando en diálogo co seu papel ecolóxico e a súa compoñente artística, cultural e identitaria.

Faias, carballos, aciñeiras, carballos… De Catasós, Cervantes, Rubiá, Ancares… O bosque é unha parte indisoluble da identidade galega, un espazo máxico conectado coa nosa cultura que Da árbore á cadeira convida a redescubrir a través da ollada persoal de grandes artistas. Manuel Vilariño, Vari Caramés, José Caruncho, Juan de la Sota e Juan Rodríguez toman a súa cámara para explorar a nosa paisaxe, o noso hábitat e a nosa memoria a través de árbores milenarias, frondosas e vivas. Un reflexo persoal e sentimental do noso patrimonio natural que se completan co traballo audiovisual de Pablo Goluboff e a mesa dos recordos formada pola excepcional colección persoal de imaxes de Roxelio Pérez Moreira.

A ollada persoal destes fotógrafos mestúrase coa visión que do bosque tiveron grandes artistas plásticos como Castelao, Seoane, Maside e figuras contemporáneas como Pamen Pereira ou Jorge Perianes, que participa na mostra cunha intervención realizada ex profeso e na que explora un microcosmos persoal. Unha vinculación home-territorio que tamén se plasma a través das árbores centenarias da Finca Galea de Alfoz ou a colección de troncos de Xaquín Lorenzo, Xocas.

 
Manuel Vilariño
Faunalia. Castelao
Intervención de Jorge Perianes
Árbore centenaria da Finca Galea de Alfoz
Raíces