Carles Benavent

O baixista catalán chegou a crear escola na interpretación do baixo eléctrico. O seu camiño no mundo do jazz e do flamenco é único, e está considerado un dos grandes do panorama internacional. Colaborador habitual nas gravacións de Chick Corea ou Paco de Lucía, o incríble son do baixo de Carles Benavent se pode escoitar tamén en gravacións de artistas tan diversos como Miles Davis, Camarón de la Isla ou Joan Manuel Serrat. Compositor, educador, improvisador e intérprete, Carles Benavent é sen dúbida un dos nomes propios do Jazz nacional.