Arquivo de espazos, volúmenes e pedras. Pablo Martínez Muñiz

Arquivo de espazos, volúmenes e pedras componse de catro caixas de luz onde Pablo Martínez Muñiz (Santander, 1978) integra constelacións de arquitecturas que fotografou ao longo da súa vida.

Un corpus visual propio que divide en catro tipoloxías (xentrificación, ruina, natureza invertida e espazos de poder) e que ofrece, na súa inesgotable capacidade de interaccion, a apertura de múltiples camiños de reflexión. A este arquivo aberto e evolutivo, o artista engádelle imaxes das Torres Hejduk e doutros espazos asociados a súa memoria para inscribilos nunha xenealoxía propia